Seguidores

domingo, 21 de enero de 2018

A corvina americana, a nova especie invasora que ameaza a costa galega.

Na ria de Vigo se a capturado otra de unos 300mm.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/59603-corvina-americana-nova-especie-invasora-ameaza-costa-galega
A corvina americana, a nova especie invasora que ameaza a costa galega.
Científicos galegos alertan da rápida expansión e colonización da corvinata real (Cynoscion regalis), especie nativa da costa atlántica de Norteamérica e depredadora de peixes e crustáceos. En Galicia foron atopados seis exemplares en 2016. Agora, investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC), do Grupo de Estudo do Medio Mariño e da Universidade de Vigo confirman "os primeiros rexistros desta especie en augas galegas e o informe máis setentrional da Península Ibérica".
Corvinata real (Cynoscion regalis) capturada en Galicia
A corvinata real (Cynoscion regalis) é a nova ameaza para o ecosistema mariño galego. Esta especie é nativa da costa atlántica de Norteamérica, desde Nova Escocia ata Florida. En 2009 informouse por primeira vez da súa presenza fóra da súa distribución natural, nun esteiro belga. Na súa lenta pero incensante expansión pola costa europea, a corvina americana xa chegou a Galicia, onde foron capturados seis especímenes ao longo de 2016. Agora, científicos galegos dan conta destes achados e dos posibles perigos que supón a súa presenza para os ecosistemas mariños galegos. Fanno na revista científica Marine Biodiversity, nun artigo titulado 'Evidence of a rapid colonization of the Atlantic European waters by the non-native weakfish Cynoscion regalis (Perciformes: Sciaenidae)', no que presentan os resultados das análises morfolóxicas e xenéticas dos exemplares recollidos en augas galegas.
Os científicos alertan de que "o feito de que varios exemplares de corvinata real fosen capturados nos últimos sete anos nun amplo rango de distribución podería indicar unha rápida expansión e procesos de colonización ao longo das costas atlánticas nororientais", incluídas augas galegas.

EXPANSIÓN

O certo é que dende que en 2009 se reportou o primeiro exemplar de corvina americana en Europa, en Bélxica, a súa expansión continuou por distintas latitudes. Hai probas da súa introdución a partir de 2011 no Golfo de Cádiz, inicialmente identificado erroneamente como Cynoscion nebulosus e posteriormente identificado correctamente como Cynoscion regalis. Recentemente, a especie tamén foi capturada en diversas zonas do sur e centro de Portugal. Agora, os investigadores galegos confirman á comunidade científica que os seis exemplares atopados en 2016 en Galicia pertencen tamén a esta especie, o que confirma a súa rápida colonización na costa atlántica europea.

"Seis exemplares de Cynoscion regalis foron capturados en augas galegas pola frota artesanal durante 2016, pero só se conservaron o primeiros catro. De acordo coas declaracións dos pescadores, esta especie foi frecuentemente capturada na ría de Vigo durante a tempada de verán, indicando 2016 como o ano da introdución desta especie en augas galegas", detallan os científicos.
Mapa da distribución nativa de Cynoscion regalis no Atlántico noroccidental (zona azul) e rexistros da súa presenza no Atlántico nororiental (estrelas vermellas) / Bañón et al., 2017, Mar Biodiv DOI 10.1007/s12526-017-0738-8.
Rexistros de Cynoscion regalis en Galicia
(Fonte: Bañón et al., 2017, Mar Biodiv DOI 10.1007/s12526-017-0738-8).
Data

20 abril 2016- Ría de O Barqueiro tamaño 323mm.

20 abril 2016- Ría de O Barqueiro tamaño 324mm

20 maio 2016- Ría de Vigo tamaño 264mm

25 outubro 2016- Ría de Vigo  tamaño 304mm

27 outubro 2016- Ría de Sada  tamaño xxx

28 outubro 2016- Ría de Vigo tamaño xxx

Estes seis son "os primeiros rexistros desta especie en augas galegas e o informe máis setentrional da Península Ibérica" e é tamén "o primeiro caso documentado dunha especie nativa de peixes do Atlántico occidental na área", confirman os autores.

Descoñécese como chegou esta especie ata augas da Península Ibérica, primeiro ao Golfo de Cádiz e logo a Galicia, pero non se descarta a priori ningunha hipótese, incluíndo a mediación humana vía auga de lastre ou acuicultura.

"Aínda que se descoñece o vector de introdución de C. regalis, é moi improbable que esta especie cruzase por si mesma o Océano Atlántico", sosteñen os científicos, que consideran que as "causas antropoxénicas", é dicir, as derivadas da acción humana, "parecen ser a vía máis probable" da introdución desta especie nas augas europeas.

"Dado que esta especie non se cultiva en España, a introdución por vía marítima parece ser o vector máis plausible", aportan os investigadores, que consideran que está sería a hipótese máis factible polo feito de que "a maioría dos especímenes reportados en Galicia foron detectados nas proximidades de portos comerciais internacionais como Celeiro, San Cibrao e Vigo". Con todo, os científicos apunta a unha "introdución secundaria" en Galicia dende as áreas xa reportadas en Europa previamente e, máis concretamente, no sur da Península Ibérica. O certo é que no esteiro do Guadalquivir, no Golfo de Cádiz, a corvinata real xa constitúe" unha poboación ben establecida e comercialmente explotada", apuntan os responsables dos achados en Galicia, que xogan coa idea de que os rexistros posteriores cara ao norte, na costa de Portugal e nas augas galegas, en 2015 e 2016, poderían representar expansións da poboación introducida no esteiro do Guadalquivir por migración natural e/ou desprazamento por correntes".

Este comportamento migratorio sería similar ao que mantén a especie na súa área nativa, onde "a migración estacional durante a primavera leva a corvinata real nun movemento setentrional ao longo da costa", o cal podería estarse repetindo no Atlántico oriental.

Así, os científicos consideran máis probable que "tanto os rexistros portugueses como os galegos se deben a expansións da primeira introdución na Península Ibérica, no esteiro do Guadalquivir".

Para os investigadores galegos, " a aparición de varios exemplares ao longo dun amplo rango de distribución, incluída unha poboación xa establecida no Golfo de Cádiz, parece ser indicativa dos rápidos procesos de colonización e expansión de C. regalis nas augas do Atlántico europeo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario