Seguidores

domingo, 31 de diciembre de 2017

Petrolero Andros Patria en Malpica.39 años sin olvidar.


O Andros Patria foi un petroleiro grego sinistrado cando navegaba fronte ás illas Sisargas, o 31 de decembro de 1978. Transportaba 210.000 toneladas de cru, das que verteu ao mar 50.000 provocando unha marea negra que afectou todo o litoral norte de Galicia, entre Caión e Ribadeo, cunha incidencia especial en Valdoviño, ría do Barqueiro e Burela.

O 31 de decembro de 1978, ás 9:30 am, durante a súa travesía de Irán a Rotterdam, cando se encontraba a unhas 30 millas das Sisargas, á altura de Malpica de Bergantiños, sufriu un golpe de mar por mor dos ventos de noroeste con forza 9, con velocidades que acadaban os 80 km/h, que abreu unha fenda duns 15-20 metros á altura do tanque nº 3 e comezou a verter a carga. A seguir sufriu unha explosión que deu paso a un incendio no barco. Ás 21:20 horas, o capitan ordena abandonar o barco.

Cando se logou sufocar o incendio, na madrugada do 1º de xaneiro, o armador contrata os labores de salvamento ós remolcadores Thiphoon e Loodzee. Cando se consegue apagar o lume e estabilizar o barco, solicitan un porto refuxio para resgardar o barco e transvasar a carga, ó que se negan tanto España como Portugal. As autoridades españolas ordenaron que fora remolcado cara Rotterdam, pero ante a prohibición de Francia e Inglaterra de achegarse ó Canal da Mancha nese estado, o barco dirixiuse ás Azores, onde se transvasou a carga a dous petroleiros ingleses, o "British Promise" e o "British Dragon". Esta operación se iniciou o 21 de xaneiro a 250 millas ó sur das Azores. Ó empeorar o tempo nesa zona, o barco desplazouse cara o sur para completar o transvasamento o 9 de febreiro a 200 millas ó noroeste de Cabo Verde.

Posteriormente, recalou en Lisboa o 19 de febreiro, para ser reparado, pero, ante o costo da operación, decidiuse despezalo no porto de Barcelona, o que se realiza a partir do 12 de xullo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario